O Tarabelo
Blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Sada y sus Contornos.
luns, 9 de xaneiro de 2023
mércores, 21 de decembro de 2022
Xogos de Nadal
Deixámosvos aquí uns xogos onde recordaremos palabras e tradicións das festas do Nadal.
E con isto dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega desexámosvos.......
BO NADAL!!!!!
martes, 20 de decembro de 2022
Os nenos e nenas de 1º preséntannos a Leandro Lamas
Hoxe tivemos a sorte de coñecer a un novo pintor galego. Neste caso, a aula de 1º de primaria traballou con Leandro Lamas. Escoitade o programa preparado para O Tarabelo nas Ondas.
venres, 2 de decembro de 2022
Carreira ENKI
Hoxe conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade coa carreira ENKI. Pinchade na imaxe para escoitar O Tarabelo nas Ondas onde nos explican a súa finalidade.
xoves, 24 de novembro de 2022
Os nenos e nenas de segundo preséntannos a Laxeiro
luns, 14 de novembro de 2022
Coñecemos a Luis Seoane
Unha semana máis temos a sorte de coñecer a un artista galego. Nesta ocasión os nenos e nenas de 4º de primaria preséntannos a Luis Seoane. Parabéns polo voso programa!!!!!
Pinchade na imaxe para volver a escoitalo.
xoves, 3 de novembro de 2022
Urbano Lugrís
martes, 25 de outubro de 2022
Samaín no cole!!!
xoves, 20 de outubro de 2022
Volve o Tarabelo nas Ondas!!!
Ola a todos e todas!! Nun curso máis, damos comezo ao noso programa de radio favorito. O alumnado de sexto presentounos o traballo que imos levar a cabo neste curso adicado á arte. Neste caso faláronnos da pintora Maruxa Mallo. Escoitade de novo o programa e iremos coñecendo unha gran cantidade de artistas que compartiron e comparten o seu arte co resto das persoas. Grazas!!!!
mércores, 7 de setembro de 2022
COMEZAMOS!!!!
Xa estamos aquí no novo curso 22-23.
Vimos cargados de ilusión e ganas de traballar, aprender e mellorar!
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega davos a benvida a todos e todas. Agardamos facer moitas actividades divertidas que nos axuden a valorar aínda máis a nosa lingua.
martes, 7 de xuño de 2022
Novo programa do Tarabelo nas Ondas.
No último programa do Tarabelo nas Ondas aproveitamos para felicitar a todo o noso cole polo traballo realizado no feirón Ama con 💗. Tivemos unha xornada moi emotiva chea de solidariedade coa que poder axudar a otras persoas coma nós. Encántanos facer cousas así.
E tamén felicitar por esa categoría de finalistas no concurso "O Vello dos Contos".
Todo isto danos moita forza e ilusión para seguir esforzándonos no traballo co noso colexio e os nosos nenos e nenas.
Se o queredes volver a escoitar, pinchade na imaxe.