luns, 26 de abril de 2021

Interesantes entrevistas esta semana no Tarabelo nas Ondas!

Os nenos e nenas de 6º coa colaboración doutros compañeiros do cole entrevistaron a unhas persoas moi importantes para todos nós. 

Agustín, Isa, Ricardo e Pilar serán os protagonistas do noso programa de radio nesta semana. 

Grazas pola vosa labor no cole e a vosa participación!

 Icona



luns, 19 de abril de 2021

Xa están no padlet os dous útimos programas do Tarabelo nas Ondas

Neste  programa 19 tivemos a sorte de volver a escoitar aos nosos mestres e mestras Miguel, Luisa e Sonia. Botámosvos moitos de menos. Grazas por colaborar no Tarabelo nas Ondas. Esperamos poder vervos ou escoitarvos pronto. 

No número 20 teremos a sorte de escoitar esta semana o primeiro programa feito integramente polos nenos e nenas de 6º A coa colaboración de Antía e Iván de 3º. E Bosco e David de 6º de EI. Estades feitos uns grandes locutores! Noraboa.


domingo, 18 de abril de 2021

Volve a música coa semana do libro!

Todos recordaredes que os cursos pasado poñiamos música nas entradas e saidas do cole. Este curso tivemos que deixar de poñela por facer tres entradas diferentes. Pero todos temos gañas de música e alegría, así que aproveitamos a semana do libro para volver de novo a escoitar música. Tódalas cancións relacionadas con eso tan importante e incrible que é ler libros. 

As cancións que imos escoitar son: 

Imaxínate do grupo Migallas

Imos inventar un conto de Anxo Rei

Nun libro de Paco Nogueiras

Tan so con leres un libro de Mamá Cabra

O libro de Pablo Díaz

Todas as coñecedes dos cursos pasados. As cinco cancións están nuns discos fermosos de cada un dos grupos ou autores. Animámosvos a escoitalas. A nosa música é maravillosa!

Aproveitamos esta entrada para recordarvos un canal moi especial cheo de música galega para nós. Recordades Radio Picariña?

Pinchade na imaxe para elixir canción. Poñeremos tamén un enlace na columna da dereita. 

A gozar da nosa música!