Un ano máis pasamos esta xornada de festa co tradicional Magosto e Samaín. Neste curso adicámos a semana a coñecer historias reais e lendas tamén de figuras femininas da nosa cultura. Tamén queimamos cadeas con tódalas cousas que nos dan medo e queremos eliminar.
Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos do ben que o pasamos.
mércores, 30 de outubro de 2019
martes, 22 de outubro de 2019
A Castañeira
A imaxe da castañeira galega danos a benvida dende hoxe tódalas mañás ao chegar ao cole. Recordamos a figura tradicional destas mulleres que se adicaron a asar as castañas nesta época do ano.
luns, 21 de outubro de 2019
Achéganse o Magosto e o Samaín
Dende hoxe poderedes ver polo colexio tres figuras galegas de lenda. Nestes días as coñeceremos un pouco máis e poderemos escoitar algunha canción sobre as mesmas.
María Castaña, a Maruxaina e María Soliña serán as nosas figuras femininas protagonistas no Magosto e Samaín deste curso.
María Castaña, a Maruxaina e María Soliña serán as nosas figuras femininas protagonistas no Magosto e Samaín deste curso.
xoves, 17 de outubro de 2019
Visita de Amnistía Internacional
Hoxe no noso cole tivemos a sorte de recibir a visita de Marga e Cris, representantes da ONG Aministía Internacional. Con elas damos comezo a un proxecto que levaremos a cabo este curso sobre a igualdade de dereitos das persoas, sexamos como sexamos.
Faláronnos de coñecer as nosas propias emocións para poder controlalas e de diferencias que por desgracia existen hoxe en día na nosa sociedade.
Grazas Marga e Cris por todo o que nos fixestes reflexionar.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)