mércores, 13 de maio de 2020

RICARDO CARVALHO CALERO

Neste curso, o equipo de dinamización da lingua galega do noso cole tiñamos pensado bailar unha muiñeira todos xuntos e adicarlla a D. Ricardo Carvalho Calero, pero as circunstancias obrígannos a cambiar de plans. 
No seguinte enlace, que tamén tedes no blogue da biblioteca,  podedes atopar información e xogos sobre este escritor galego. Non deixedes de coñecelo.  Pinchade na imaxe e navegade por ela. 


E xa que a Muiñeira era o noso obxectivo, se alguén se anima a compartir un baile, canción ou peza con algún instrumento que nos recorde a nosa música galega, ADIANTE!!! Se queredes, colgarémolo no blogue para amenizar a festa das Letras Galegas.

luns, 11 de maio de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O vindeiro 17 de maio celebramos o noso DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano está adicado ao escritor Ricardo Carvalho Calero. Ao longo da semana colgaremos materiais e información para que o coñezades ben. 
Quero empezar a semana poñendo unha canción que me encanta do grupo Pirilampo. Trátase dun poema de Manuel María, que podemos atopar no disco Teatro de Guiñol, cantado por este grupo galego. Recoméndovos o disco enteiro. Cada canción ten algo especial. 
Esta nos fai recordar a importancia da nosa lingua e o que sinifica para nós. No video podedes ver que cantan dende a Casa Museo de Manuel María coa súa foto detrás deles. 
Espero que a disfrutedes porque é preciosa: 


Teatro De Guiñol de Pirilampo en Amazon Music - Amazon.es