xoves, 26 de abril de 2018

Mirade cantos libros en galego!!!!

Nestas fotos podemos ver moitos libros en galego que traballemos na actividade de "Padriños Lectores". Unha estupenda xornada que nos axuda a coñecer algún título para poder levalo uns días para casa e lelo coa nosa familia.




No video podedes ver tamén como algún xa pasou de ser afillado a padriño co paso dos anos.



venres, 13 de abril de 2018

23 de abril. Día do libro

Como todos sabemos estase achegando o día 23 de abril na que conmemoramos o Día do Libro. Na nosa lingua hai libros moi bonitos, entretidos e que ensinan moitas cousas. ¿Queres recomendar algún?  Conta o título do libro e o que che gustou del. Así ao mellor nos animamos a lelo.