luns, 27 de abril de 2020

Comezamos nova semana.

Comezamos nova semana cunha canción chea de voces femininas da nosa música. Chámase "Todo o día na casiña". Aínda que xa isto vai cambiando, temos que seguir sendo responsables e cumprir todos/as coas indicacións de seguridade que nos dan os expertos. Recordade que aínda que teñamos ganas de dar unha aperta a un amigo/a só podemos darlle un saúdo de lonxe.
Queremos aproveitar o comezo da semana para agradecer a todos/as os que estades participando neste blogue e felicitar, aos que fixestes pleno co acertixo dos contos. Noraboa!!!!
Pinchade na canción e comezamos a semana!


venres, 24 de abril de 2020

Gonzalo de 5º cóntanos o primeiro conto.

Grazas a Gonzalo e a súa familia por contarnos este primeiro conto de forma tan orixinal!!! Que o disfrutedes!!!




mércores, 22 de abril de 2020

Achégase o día do libro. Adiviñades de que contos se tratan?


Na imaxe de abaixo podedes adiviñar os títulos de varios contos que temos en galego. A ver quen é de facer pleno. Mandade as respostas ao correo do Tarabelo. 
E anímovos a que contedes algún deles e o colgamos para que o vexan os máis pequenos do cole. Neste curso os padriños lectores teñen que ser a distancia. 
Tedes o tempo que queirades. Estamos agardando a alguén que se anime. Tamén vale a axuda da familia. 



Recordades este bo rato que pasamos no curso pasado?

Escoitade o conto que poñemos no seguinte video que ao final vos vai traer bos recordos e así bailamos un pouco nestes días tan diferentes que estamos vivindo. 



domingo, 19 de abril de 2020

Novo conto na Biblioteca

Nesta semana na que celebramos o día do libro, empezamos a semana cun novo microconto na Bilbioteca de Sada. Miguel faranos bailar coas 15 primaveras do grupo galego Mamá Cabra. Non volo perdades!!!!




venres, 10 de abril de 2020

Fermosas palabras de Daniela e Sophía

Damos as grazas de novo ás nosas alumnas (aínda que xa están no instituto),  que nos envían esta fermosa carta.


luns, 6 de abril de 2020

O Tarabelo segue recibindo cartas

Recordades as cartas dos outros días? Pois aínda temos máis e agardamos que sexan moitas máis. Mirade ben, que algunha pode ser para vós.

Mi buzón de Correos en Sevilla - Publicaciones | FacebookOs nenos de 3º mandaron xa algunhas. Pinchade nelas para poder lelas.



  
   



sábado, 4 de abril de 2020

Proposta actividades Semana Santa

A primeira proposta é que veades o vídeo #SadaysusContornosQuedaNaCasa realizado coas aportacións de moitos nenos, nenas, familias e profesorado do centro. Grazas a todos/as pola vosa colaboración e participación.


Aquí tedes unha recompilación de diferentes  recursos e actividades que podedes realizar durante estes días non lectivos. Seguro que o pasades moi ben mentres aprendedes un montón. Están divididos en 3 categorías:

Vídeos. Selección de vídeos moi interesantes e divertidos.


Actividades divertidas. Experimentos, quebracabezas, xogos, manualidades...


Un mundo por descubrir:  Propostas relacionadas co marabilloso mundo dos libros.


Recordade que tedes as seguintes actividades voluntarias para participar:

compartindoilusion@sadaycontornos.es

compartindoilusion@sadaycontornos.es 

otarabelo@sadaycontornos.es 

venres, 3 de abril de 2020

Contos na biblioteca de Sada

Os nosos mestres Luisa e Miguel contaron varios contos na biblioteca de Sada que nos axudan a pasar un rato diferente durante a estancia na casa. Pinchade nos enlaces para escoitalos e desfrutade!

MICROCONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL