martes, 22 de decembro de 2020

O CEIP Sada y sus Contornos deséxavos un BO NADAL!

Hoxe celebramos un día moi especial. Grazas a todos e todas pola vosa ilusión. 

Noraboa aos presentadores das badaladas. Foi moi bonito escoitarvos. 

Se queredes escoitar de novo O Tarabelo nas Ondas coas 12 badaladas, pinchade na imaxe. 

Bo Nadal  e próspero 2021 

dende o EDLG. 






mércores, 9 de decembro de 2020

O emocionario dos bechos

Como sabedes, este curso en Illa Fantasía traballamos os insectos. Neste enlace podedes acceder a un libriño virtual que nos relaciona algúns bechos coas emocións. En cada letra do abecedario tedes un insecto que comeza ou contén esa letra e contos, cancións, enlaces relacionados con eles. 

Agardamos que vos guste.