venres, 13 de maio de 2022

Queiroa nas Letras Galegas

Hoxe festexamos unha xornada fantástica co grupo de música popular Queiroa para conmemorar o Día das Letras Galegas adicado neste curso a Florencio Delgado Gurriarán. 

Ao longo deste mes vimos coñecendo a este grande poeta e na nosa escaleira podemos gozar dunha imaxe del rodeada dos seus poemas elaborados por cada aula. 

A maiores, para facer aínda máis emocionante a festa tivemos a sorte de poder compartir a ledicia de catro alumnos/as do cole que gañaron no concurso de marcapáxinas organizado polo Concello. 

Animádevos a mercar libros nas librerías de Sada e poderedes levar un destes marcapáxinas! 

Noraboa a Vera, Breixo, Gonzalo e Nerea. Sodes grandes artistas. (PInchade na imaxe para ver as fotos e videos). 


E como non, o noso Tarabelo nas Ondas creado polos nenos, nenas e mestras de 5º e 6º curso, que enviaremos tamén a concurso. Esperemos ter moita sorte e que lles guste o noso traballo. Pinchade para escoitalo de novo.  





luns, 2 de maio de 2022

Concerto Cé Orquestra Pantasma

 Hoxe desfrutamos no cole dun novo concerto na nosa lingua para conmemorar o Día Contra o Acoso escolar. Pinchade na imaxe para ver as fotos. 



Valores contra o acoso escolar

 Hoxe, no día mundial contra o acoso escolar, os nenos e nenas de 3º celebrámolo cun xogo para facer en equipo. Pasámolo xenial!. Se queredes volver a xogar pinchade na imaxe.