Nesta ocasión os nenos e nenas de 3º foron os encargados do programa adicado ao noso Magosto e Samaín. Se queredes escoitalo de novo, pinchade na imaxe. Tamén podedes ver as fotos do día no seguinte enlace.
venres, 29 de outubro de 2021
xoves, 21 de outubro de 2021
Achégase o Magosto!!!
E como non, falaremos da súa protagonista, a castaña. O alumnado de terceiro ten preparado un programa especial que escoitaremos moi pronto. E para ir abrindo boca invítannos a todos a falar dela.
Anímate a colgar no seguinte padlet aquilo que queiras contar ou compartir co resto do cole sobre ese gran tesouro que temos en Galicia, que é o froito protagonista do outono.
Volvemos á biblioteca!!!
Esta semana os nenos e nenas de 5º déronnos a través do Tarabelo nas Ondas unha gran nova. Podemos volver á biblioteca!! Despois destes cursos tan diferentes temos moita ilusión de volver a ver a Lecturitas.
Mirade que casualidade. Cal era a palabra do día de hoxe:
Escoitade con atención o que nos contan os nosos compañeiros e o que propoñen para participar.
Pinchade na imaxe para volver a escoitalo.
luns, 4 de outubro de 2021
Novo curso, novo programa do Tarabelo nas Ondas!
Hoxe escoitaremos o primeiro programa deste curso da nosa emisora de radio. Os nenos e nenas de sexto prepararon este programa para dar comezo a un novo curso falando moito galego.
Escoitade ben e facede moito caso ao que nos din das 3 R. Reducir, Reciclar e Reutilizar.
Se queres volver a escoitalo, pincha na seguinte imaxe.
![]() |
Escoita aquí "O Tarabelo nas Ondas" |
Animámosvos tamén a ver este video sobre o conto Dona Landra e o río revolto feito polos compañeiros e compañeiras do CEIP A Pedra. A ver se así nos animamos máis aínda a ser consumidores responsables.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)