xoves, 14 de setembro de 2017

Tes algunha dúbida?

Ás veces todos temos dúbidas sobre como se di un nome, un verbo ou unha expresión en lingua galega. Se pinchas neste enlace, poderás resolvelas. Empeza buscando a palabra tarabelo e verás cantos significados

Inicio

Benvidos a "O Tarabelo"

Este é o blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Sada y sus Contornos.
Queremos que sexa un espazo onde aprender, compartir e participar.
Para empezar imos facer unhas preguntas:
Que é o tarabelo?
Por que chamamos así ao noso blogue?
Anímate a responder. En galego, por suposto!!!!
Dentro duns días contarémosvos por que xurdiu este nome.