martes, 30 de novembro de 2021

Monstruo Rosa. Semana das persoas con discapacidade.

Esta semana conmemoramos o día mundial da discapacidade. Monstruo Rosa danos unha lección enorme no seu conto. Sigamos o seu exemplo!

Pasade pola biblioteca do cole para dicir en que sodes uns monstruos. Todos temos capacidades diferentes!

Nesta ocasión os nenos e nenas de 2º A crearon este bonito programa do Tarabelo nas Ondas. Pincha no Monstruo Rosa para escoitalo.

Parabéns a todos os nenos e nenas de 2º A. Fermoso programa!!!! 




venres, 26 de novembro de 2021

25 N Obradoiro de amor.

 Hoxe, día da conmemoración contra a violencia de xénero, no noso cole creamos un gran mural no que se poden ler moitas palabras para amar coas mans. Dende Illa Fantasía chéganos esta mensaxe deste animal que conta con tres corazóns e 8 brazos para amar de moitas maneiras. 

Os nenos e nenas de 4º de educación infantil elaboraron o programa da semana para O Tarabelo nas Ondas. Pincha no polbo e non deixedes de escoitalo. 

Noraboa aos máis pequeniños do cole!



martes, 16 de novembro de 2021

20 de novembro. Día da infancia.

 Día da infancia, é unha xornada adicada aos nenos e nenas, que ten por finalidade a visibilización e promoción dos seus dereitos así como concienciar as persoas respecto destes.

Cando xurdiu este día e cal é o seu obxectivo? 

A idea de festexar o “Día do neno” xurdiu o 20 de novembro de 1959, cando a Asemblea Xeral da ONU tivo unha reunión na que decidiu reafirmar os dereitos dos nenos universalmente.

Desde aquela, cada país conta cun día para celebrar e organizar actividades para axudar a desenvolver o benestar dos cativos en todo o planeta.


No noso cole, os nenos e nenas de 2º B recórdannos algúns destes dereitos. Escoitado o programa desta semana: (Pinchar na imaxe).



martes, 2 de novembro de 2021

Recordamos a proposta de biblioteca!!!

Como podemos facer un consumo responsable? Podemos facer algo nós?

Pois claro que si!!!! Escoitade ben porque estes nenos e nenas de 4º nos din pequenas cousas que podemos facer para coidar o noso planeta. E entre todos lograr algo grande. 

Facémolo ben? Se non é así, todos temos que procurar cambiar os nosos hábitos. Sabemos que non é doado, pero vai ser moito mellor para todos. 

Mirade a frase que nos di Unai neste Tarabelo nas Ondas.