martes, 20 de marzo de 2018

21 de marzo. Día da árbore

Recordades esta nube de palabras? 

Mañá, 21 de marzo celebramos o día da árbore. Dende o blogue queremos facer un recordatorio do noso deber de protexer e coidar os bosques galegos. 
O CEIP de Cedeira creou este LIM para coñecelos un pouco máis. Animádevos a facelo. 

E para os máis pequenos tamén contamos con este do CEIP de Galán. 


8 de marzo. Pioneiras

Co libro "Pioneiras. Galegas que abriron camiño", da editorial Xerais que podedes coller na biblioteca coñecimos a mulleres galegas que destacaron por algunha razón e que son un exemplo a seguir para todos/as nós.