luns, 31 de maio de 2021

Especiais Tarabelo nas Ondas adicados a Xela Arias.

Neste mes de maio escoitamos tres programas especiais da nosa radio adicados ás letras galegas e a Xela Arias. Se queres volver escoitalos pincha en cada unha das imaxes. E coma sempre telos todos dispoñibles no menú da dereita. 

Noraboa a todos e todas pola vosa participación. 


Que é o día das letras galegas.



Coñecemos a Xela Arias.




Recital de poesía adicado a Xela. 

martes, 25 de maio de 2021

Obradoiro de poesía con Andrea Barreira.

 


En colaboración coa asociación de escritores e escritoras en lingua galega (AELG) nos cursos de 3º,  4º e 5º   levamos a cabo un obradoiro de poesía "Cada día a familia" impartido pola escritora Andrea Barreira.




Cada neno e nena trouxo unha foto da súa familia na que se baseou para facer unha fermosa poesía. 

venres, 21 de maio de 2021

"O Lagarto e o pardal" de Xela Arias. Mural colaborativo.

O noso alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria realizaron unha fermosa actividade co poema do "Lagarto e o Pardal" de Xela Arias. 

Desfrutaron moito coa natureza e a poesía da nosa autora homenaxeada neste ano. 


 











xoves, 20 de maio de 2021

Actuación do grupo tradicional QUEIROA

Hoxe, seguindo coa semana das letras galegas temos a sorte de contar no colexio co grupo de música e danza tradicional Queiroa. 

Imos ver un percorrido polos distintos instrumentos musicais cos que nos podemos atopar e poderemos gozar de fermosas pezas de música e algún baile.

Agardamos que o estedes desfrutando moito.

Moitas grazas aos compoñentes do grupo por ofrecernos esta xornada tan bonita. 

   










domingo, 9 de maio de 2021

Música nas Letras galegas.

 Semana das Letras Galegas.

Esta semana escoitaremos no cole anacos de cancións que grandes grupos de música galega crearon con poemas dos nosos máis célebres escritores. Tamén soará algunha cantiga tradicional e outras doutros coñecidos cantantes galegos. 

Desfrutade da nosa cultura coas cancións, os poemas e a nosa fala. 

Esperamos que vos gusten.  


Empezaremos coa canción "A Fala". De Manuel María cantado polo grupo Pirilampo. Aínda que tamén a podedes escoitar en outros moitos músicos. 

O martes escoitaremos un pouquiño da canción "A palabra ten vida" de Paco Nogueiras. 

O mércores escoitaremos unha canción cun dos instrumentos máis tradicionais, a pandeireta. Xabier Díaz canta e toca "O Baile de Noró"

Hoxe, xoves escoitamos a coñecida cantiga "Se chove", do grupo de música tradicional Treixadura.

Xa podedes escoitar no padlet do menú da dereita o "Tarabelo nas Ondas" desta semana adicado a explicar que é o día das letras galegas. 

mércores, 5 de maio de 2021

Comezamos o mes das letras galegas!!

Este martes volvemos ao cole nun novo mes, que adicamos este ano a unha grande poeta, Xela Arias. 

Agárdanos música, poesía e actividades que nos axudarán a coñecer a esta escritora galega. Deixamos aquí un enlace con moita información para ir aprendendo dela. 





luns, 3 de maio de 2021

Día contar o acoso escolar. Especial Tarabelo nas Ondas.

O pasado 2 de maio conmemorouse o día Contra o acoso escolar. Lucía, a nosa orientadora, explícanos que quere dicirnos esa palabra e que podemos facer todos nós para evitalo. Escoitade o programa e non deixedes de prestar atención.

Pinchade no micrófono para escoitar o programa.

 

Icona