xoves, 24 de febreiro de 2022

Semana de festas. Entroido e Rosalía de Castro

Nesta semana festexamos no cole dúas celebracións moi importantes da nosa cultura. 

O día de Rosalía de Castro, que este ano comezou a celebrarse o día 23 de febreiro, día do seu nacemento. E o noso entroido!

Con Rosalía levamos a cabo unha "SementadePensamentos", que era a súa flor favorita. E neles escribimos versos e palabras da nosa poeta para decorar o centro. 



Tamén os nosos compañeiros de 3º crearon un programa para O Tarabelo nas Ondas onde nos falaron de cousas moi importantes sobre ela. Noraboa nenos e nenas de 3º polo voso programa. Se o queredes escoitar de novo, pinchade na imaxe. 


E neste curso que temos tanta necesidade de pasar ratos diferentes tivemos a sorte de contar con Truque Matruque, co que cantamos poemas maravillosos da nosa escritora. Pasamos un rato moi agradable vestidos ademáis cos nosos disfraces favoritos. 




martes, 15 de febreiro de 2022

Día de Rosalía de Castro.

  O vindeiro 23 de febreiro conmemoramos o día da nosa escritora Rosalía de Castro. Nesta entrada imos colgando actividades e unidades feitas por outros colexios que nos poden servir para traballar nas aulas. Grazas a todos e todas polo voso traballo. 

        




      




Ademáis disto no noso cole celebraremos o día de Rosalía cunha Sementa de pensamentos, Un "Tarabelo nas Ondas" adicado a ela e un concerto para pasar un gran día. 

xoves, 3 de febreiro de 2022

Novos xogos en galego.

Como vedes nesta imaxe imos xogar ao aforcado. Pinchade nela e podedes acceder a unha páxina con varios enlaces para pasar un bo rato mellorando o noso vocabulario en galego. 



E nesta otra imaxe accedemos a distintas sopas de letras. As primeiras delas podémos facelas sen problema. 







Xa está colgado o Tarabelo nas Ondas do día da paz.

 Aínda que cuns días de retraso, xa podedes acceder ao Tarabelo nas Ondas sobre o día da Paz que prepararon os nenos e nenas de 2º A. Noraboa polo voso traballo!

Pinchade na nosa árbore da paz para poder escoitalo.