Este é o blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Sada y sus Contornos.
Queremos que sexa un espazo onde aprender, compartir e participar.
Para empezar imos facer unhas preguntas:
Que é o tarabelo?
Por que chamamos así ao noso blogue?
Anímate a responder. En galego, por suposto!!!!
Dentro duns días contarémosvos por que xurdiu este nome.
Ola, son David de 4º de primaria.
ResponderEliminarPreguntei a miña nai e aos meus avós, e dixéronme que un tarabelo é unha persoa que cambia moito de idea e non pensa no que fai.
Respecto a por qué se chama así o blog a verdad que non se me ocorre ningunha idea.
Ola, son África de 4º de primaria.
ResponderEliminarPregunteille a os meus pais, que é O Tarabelo, pero non o sabían, entón o busquei no diccionario e atopei varias descripciones, pode ser un aparello do muiño, una caravilla de madeira para pechar a fiestras, e tamén pode ser unha carraca empregada como espantallo.
Sobre o nome do noso blog, penso que pode ser, porque hai unha zona de Sada que se chama así.
Non imos mal co que decides. A ver se alguén máis se anima a participar.
ResponderEliminarOla son Cecilia e pregunteille ao meu tío e díxome que un tarabelo é unha peza de madeira que se usa para pechar algunhas portas e fiestras.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarOla,son Martina de 4°.
ResponderEliminarPode ser una especie de taladro para facer buratos.
A min paréceme un nome precioso, eu coñecía o significado de " Peza de madeira para pechar fiestras ou portas", e tamén a zona de Sada chamada O Tarabelo...non sei... non sei a causa de que elixiran este nome para o Blogue...Parabens a todos os que traballedes neste Blogue a prol do uso do Galego.
ResponderEliminarParabens a todos os que traballedes e a todos os que xa están a traballar nel...
ResponderEliminarOla son Uxía de quinto e penso que ese nome é porque unha palabra galega e moi bonita.
ResponderEliminarOla son Nelly de 5º, buscando por internet atopei que é o lugar de Sada onde se fixo a primera asociación sadense, alí Lugris Freire e máis xente daban charlas.
ResponderEliminarQueremos felicitar a todos polas vosas respostas. Son moi acertadas e moi interesantes. Na vindeira entrada do blogue explicarémosvos por que eliximos este nome e imos propoñer algo novo. Seguide participando!
ResponderEliminar