Nos tempos que estamos hai un costume moi bonito que deixou de facerse por mor das novas tecnoloxías, que son máis rápidas e chegan casi ao instante á persoa que queremos.
Nestes días en que non nos podemos ver as caras, e xa que non podemos levar a cabo as acividades que tiñamos pensadas (aprender unha muiñeira entre outras), dende o EDLG queremos animarvos a que escribades unha carta.
Podédelo facer online, coller unha folla e decorala vós, coller un papel bonito e escribir nel. Facédeo como máis vos apeteza e escribídelle a alguén do cole. A calqueira persoa á que botedes en falta nestes días.
Nas cartas podemos expresar moitas cousas que sentimos, que nos están pasando, que temos ganas de contar. Expresádeos tranquilamente. En galego, claro, que temos palabras moi fermosas para expresar os nosos sentimentos.
Podédela mandar directamente á persoa que queredes a través dos correos electrónicos, ou podedes mandala aos vosos titores ou a nós otarabelo@sadaycontornos.es
Se queredes que a publiquemos, non tedes máis que dicilo e o faremos a través deste blogue.
Se queredes que a publiquemos, non tedes máis que dicilo e o faremos a través deste blogue.
Animádevos e así estaremos máis unidos.
#Todo va a sair ben 🌈
ResponderEliminarnon e nada nos podemos resistir somos fortes
ResponderEliminar