Hoxe no noso cole tivemos a sorte de recibir a visita de Marga e Cris, representantes da ONG Aministía Internacional. Con elas damos comezo a un proxecto que levaremos a cabo este curso sobre a igualdade de dereitos das persoas, sexamos como sexamos.
Faláronnos de coñecer as nosas propias emocións para poder controlalas e de diferencias que por desgracia existen hoxe en día na nosa sociedade.
Grazas Marga e Cris por todo o que nos fixestes reflexionar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario