venres, 28 de novembro de 2025

Coñecendo os faros

 


Os compañeiros e compañeiras de 6°A e 6°B estiveron traballando sobre os faros, temática relacionada co proxecto anual.

Sexto A sobre a Torre de Hércules


Sexto B sobre o Faro de Illa Pancha

Clicade sobre cada curso para acceder a información.


Grazas pola vosa participacion


Edición especial : OS FAROS

 Ola amig@s:

Os compañeir@s de 6ºB neste tarabelo explícannos unha nova actividade relacionada co proxecto e convidannos a aprender cousas sobre os faros.





martes, 25 de novembro de 2025

25N

 Os compañeiros da clase de 3º son os encargados da edición do 25N do Tarabelo nas Ondas.

Clicade na imaxe para escoitar o programa.








martes, 18 de novembro de 2025

PALABREANDO

 Ola nenos e nenas.

Este ano queremos dende o equipo de dinamización lingüistica seguir traballando co galego e as súas palabras, por iso vos propoñemos que participecedes no Palabreando deste ano completando o noso mar de palabras, que atoparedes no corredor da biblioteca.

Cada mes pegade no mural un peixiño coa palabra elixida entre todas as do mes que saen publicadas no portal das palabras do blog do Tarabelo e axudádenos a  encher ese mar de palabras e cores.

Aprendamos galego!!! 






 

mércores, 29 de outubro de 2025

Tarabelo nas Ondas: Magosto e Samaín

Chega o Magosto e o Samaín ao cole de Sada y sus Contornos 

Dos lindos personajes de la castaña. | Vector Premium 
Calabaza de Halloween con expresión facial Ilustración de dibujos animados  vectoriales | Vector Premium 


Xa temos unha nova edición do Tarabelo nas Ondas. Esta vez os encargad@s foron os compañeir@s de 2°. 

Quedouvos terrorificamente xenial!!!

Feliz Magosto e Feliz Samaín!!! 


E tamén podes ver neste vídeo a edición do Tarabelo nas Ondas en lingua de signos




Lecturitas presenta o proyecto anual do cole

 Ola amig@s;


Os compañeir@s de 5º A son os encargad@s desta edición do Tarabelo na que nos transmiten a mensaxe de Lecturitas sobre o proxecto da biblioteca deste curso "O mar". 

Clicade na imaxe de abaixo para escoitar de novo a presentación  e fixadevos ben para contestar a pregunta que vos propón!!!

Recordade meter a resposta na caixa pirata para conseguir as moedas!!!

Animadesvos?




martes, 30 de setembro de 2025

TARABELO NAS ONDAS

 Xa estamos de novo no cole despois dunhas merecidas vacacións de verán e para seguir coa rutina do curso pasado xa temos unha nova edición do noso programa "O tarabelo nas ondas".

Os compañeiros/as de 6ºB foron os protagonistas queréndonos dar a benvida a este novo curso.





mércores, 18 de xuño de 2025

Entrega especial de premios

 Esta semana faremos entrega de premios especiais do Palabreando pola vosa constancia  e e esforzo continuado ao longo do curso.

Moitas grazas dende o EDLG




mércores, 11 de xuño de 2025

Gañadores/as palabreando: Mes de maio

 Rematamos o palabreando deste curso cos gañadores e gañadoras do mes de maio.

Estade atent@s . Esta semana procederase ao reparto de premios.


mércores, 28 de maio de 2025

Palabreando

 Ola amig@s!!!!

Case rematamos este curso, así que preparadevos para facer a última entrega de Palabreando.   

A composición será libre e deberedes utilizar algunhas das palabras do mes de maio.

Haberá coma sempre premios  para os gañadores/as e premios especiais por participar durante todo o curso.

Entregade os vosos traballos entre o 2 e o 5 de xuño.

A entrega de premios farase na semana do 9 de xuño.

Animádevos!!!!!

Festival Día das Letras Galegas

 Homenaxeamos no día das Letras Galegas as cantareiras.

Que viva a tradición oral!

Clica na foto para acceder ás imaxes




Tarabelo Nas Ondas

 Este mes de maio, o alumnado de 5°B foi o encargado de facer o Tarabelo Nas Ondas adicado ao Dia contra o Acoso Escolar






martes, 22 de abril de 2025

Premiados Palabreando mes de marzo

 Ola amiguiños, aquí estamos de volta despois das vacacións de Semana Santa.

Déixovos unhas fotos cos premiad@s do mes de marzo do concurso Palabreando.



















xoves, 10 de abril de 2025

luns, 31 de marzo de 2025

Entrega de traballos do Palabreando: mes de marzo

 Dende mañá martes 1 de abril ata o xoves 3 de abril poderedes entregar na Caixa de Palabreando os traballos do mes de marzo.

Recordade poñer nome, apelidos e curso.

Animádevos a participar!!!


Premiad@s palabreando mes de febreiro

 Ola amiguiñ@s!!

Moitos parabéns aos premiad@s do Palabreando do mes de febreiro.

Dende o EDLG estamos moi contentas de que participedes nas actividades para fomentar o galego.

Aquí vos deixo unhas fotos dos compañeiros e compañeiras premiados.









xoves, 13 de marzo de 2025

Premios palabreando do mes de febreiro

 Estes son os gañadores do Palabreando do mes de febreiro.

Noraboa!!!!

Nos próximos días farase a entrega de premios




Nova edición do Tarabelo nas ondas

 Os compañeiros e compañeiras de 5°A foron os encargados da edición do Tarabelo adicada ao día da muller.

Clicade na imaxes para escoitar de novo o audio.




domingo, 23 de febreiro de 2025

Nova edición do Tarabelo


Os nenos e nenas de 5° de infantil foron os encargados desta nova edición do Tarabelo especial Entroido.

Aquí vos deixo o audio para que poidades escoitalo nas aulas




 


Entrega de traballos palabreando

 Outro mes mais estamos "Palabreando". Xa podedes entregar os vosos traballos na caixa da entrada dende hoxe luns 24 de febreiro ata o  mercores 26 de febreiro. Non esquezades poñer o voso nome .

Grazas por participar!!!!

En breve publicaremos os gañadores/as.