luns, 22 de outubro de 2018

Samaín de cine

Este ano queremos disfrutar do Samaín ollando uns cortos na nosa lingua. Teremos catro días de cine para compartir. As películas que veremos serán:
Corre, corre cabaciña para Educación Infantil.
A bruxa Regañadentes para 1º e 2º de Primaria.
A figueira de Pelos Tortos para 3º e 4º de Primaria.
Meigallos, sombras e papas de arroz para 5º e 6º de Primaria.
Esperemos que vos gusten e vos den moito meeeeeeedoooooo.
Pinchade no enlace para ver algunhas fotos.
https://photos.app.goo.gl/33Zpd2S89BfpvpUFA


luns, 17 de setembro de 2018

Benvidos ao curso 18-19

Comezamos co segundo curso do noso blogue "O Tarabelo" . Damos a benvida aos novos alumnos e alumnas que temos no centro. Agardamos que disfrutedes e participedes moito con nós.

mércores, 20 de xuño de 2018

Remata o curso.

Despois de bailar A Muiñeira e cantar varias cancións na nosa lingua, remata o curso 17-18 e O Tarabelo pecha ata o 12 de setembro. 
Deixámosvos unha imaxe que podedes ver no centro con palabras que recomendamos ter en conta e practicar no verán. 
A descansar moito e volver con forza. Feliz verán a todos!!!

martes, 15 de maio de 2018

mércores, 9 de maio de 2018

luns, 7 de maio de 2018

Xa estamos coñecendo a Maria Victoria Moreno Márquez.

Nalgunhas aulas xa estamos disfrutando dos xogos elaborados no noso centro para coñecer a Peregrina Pérez.

  

Na aula de 4º xa rematamos de ler O Cataventos. Cal será o seguinte?


E se prestades atención escoitaredes tódalas mañás nas entradas e saídas do recreo e do cole a música, poemas e cancións adicados a Maria Victoria que crean tamén compañeiros doutros centros. 

Resultado de imagen de rap de maria victoria moreno

venres, 4 de maio de 2018

Día das Letras Galegas 2018: Maria Victoria Moreno Márquez

Este ano presentámonos ao concurso sobre o autor homenaxeado no día das letras galegas. Non gañamos pero o fixemos moi ben e con moita ilusión. E sobre todo aprendemos moito sobre Peregrina Pérez.
¿Queredes ver os nosos carteis?







E no seguinte enlace tedes acceso tamén a tódalas actividades que elaboramos para acompañar aos carteis. 








xoves, 26 de abril de 2018

Mirade cantos libros en galego!!!!

Nestas fotos podemos ver moitos libros en galego que traballemos na actividade de "Padriños Lectores". Unha estupenda xornada que nos axuda a coñecer algún título para poder levalo uns días para casa e lelo coa nosa familia.




No video podedes ver tamén como algún xa pasou de ser afillado a padriño co paso dos anos.



venres, 13 de abril de 2018

23 de abril. Día do libro

Como todos sabemos estase achegando o día 23 de abril na que conmemoramos o Día do Libro. Na nosa lingua hai libros moi bonitos, entretidos e que ensinan moitas cousas. ¿Queres recomendar algún?  Conta o título do libro e o que che gustou del. Así ao mellor nos animamos a lelo. 

martes, 20 de marzo de 2018

21 de marzo. Día da árbore

Recordades esta nube de palabras? 

Mañá, 21 de marzo celebramos o día da árbore. Dende o blogue queremos facer un recordatorio do noso deber de protexer e coidar os bosques galegos. 
O CEIP de Cedeira creou este LIM para coñecelos un pouco máis. Animádevos a facelo. 

E para os máis pequenos tamén contamos con este do CEIP de Galán. 


8 de marzo. Pioneiras

Co libro "Pioneiras. Galegas que abriron camiño", da editorial Xerais que podedes coller na biblioteca coñecimos a mulleres galegas que destacaron por algunha razón e que son un exemplo a seguir para todos/as nós.