venres, 23 de novembro de 2018
Pecha a porta á violencia. Ti es a chave.
As portas do noso colexio volvéronse violetas para conmemorar o día contra a violencia de xénero.
Pinchade na foto para ver o acto que levamos a cabo ese día. Todos debemos poner da nosa parte para acabar con isto na nosa sociedade.
venres, 16 de novembro de 2018
Semana da ciencia. Científicas galegas.
Xa que estamos na semana da ciencia e achégase tamén o día contra a violencia de xénero, queremos deixarvos no blogue un enlace no que podedes coñecer o labor de mulleres galegas que destacaron polo seu papel científico. Valoremos ás mulleres. Pinchade na imaxe para velas.
luns, 22 de outubro de 2018
Samaín de cine
Este ano queremos disfrutar do Samaín ollando uns cortos na nosa lingua. Teremos catro días de cine para compartir. As películas que veremos serán:
Corre, corre cabaciña para Educación Infantil.
A bruxa Regañadentes para 1º e 2º de Primaria.
A figueira de Pelos Tortos para 3º e 4º de Primaria.
Meigallos, sombras e papas de arroz para 5º e 6º de Primaria.
Esperemos que vos gusten e vos den moito meeeeeeedoooooo.
Pinchade no enlace para ver algunhas fotos.
https://photos.app.goo.gl/33Zpd2S89BfpvpUFA
Corre, corre cabaciña para Educación Infantil.
A bruxa Regañadentes para 1º e 2º de Primaria.
A figueira de Pelos Tortos para 3º e 4º de Primaria.
Meigallos, sombras e papas de arroz para 5º e 6º de Primaria.
Esperemos que vos gusten e vos den moito meeeeeeedoooooo.
Pinchade no enlace para ver algunhas fotos.
https://photos.app.goo.gl/33Zpd2S89BfpvpUFA
luns, 17 de setembro de 2018
Benvidos ao curso 18-19
Comezamos co segundo curso do noso blogue "O Tarabelo" . Damos a benvida aos novos alumnos e alumnas que temos no centro. Agardamos que disfrutedes e participedes moito con nós.
mércores, 20 de xuño de 2018
Remata o curso.
Despois de bailar A Muiñeira e cantar varias cancións na nosa lingua, remata o curso 17-18 e O Tarabelo pecha ata o 12 de setembro.
Deixámosvos unha imaxe que podedes ver no centro con palabras que recomendamos ter en conta e practicar no verán.
A descansar moito e volver con forza. Feliz verán a todos!!!
martes, 15 de maio de 2018
mércores, 9 de maio de 2018
Os Bolechas axúdannos a coñecer a Maria Victoria Moreno Márquez
Se pinchades no seguinte enlace poderedes ver un video sobre Maria Victoria e o seu primeiro libro Mar Adiante.
luns, 7 de maio de 2018
Xa estamos coñecendo a Maria Victoria Moreno Márquez.
Nalgunhas aulas xa estamos disfrutando dos xogos elaborados no noso centro para coñecer a Peregrina Pérez.
venres, 4 de maio de 2018
Día das Letras Galegas 2018: Maria Victoria Moreno Márquez
Este ano presentámonos ao concurso sobre o autor homenaxeado no día das letras galegas. Non gañamos pero o fixemos moi ben e con moita ilusión. E sobre todo aprendemos moito sobre Peregrina Pérez.
¿Queredes ver os nosos carteis?
¿Queredes ver os nosos carteis?
E no seguinte enlace tedes acceso tamén a tódalas actividades que elaboramos para acompañar aos carteis.
xoves, 26 de abril de 2018
Mirade cantos libros en galego!!!!
Nestas fotos podemos ver moitos libros en galego que traballemos na actividade de "Padriños Lectores". Unha estupenda xornada que nos axuda a coñecer algún título para poder levalo uns días para casa e lelo coa nosa familia.
No video podedes ver tamén como algún xa pasou de ser afillado a padriño co paso dos anos.
No video podedes ver tamén como algún xa pasou de ser afillado a padriño co paso dos anos.
venres, 13 de abril de 2018
23 de abril. Día do libro
Como todos sabemos estase achegando o día 23 de abril na que conmemoramos o Día do Libro. Na nosa lingua hai libros moi bonitos, entretidos e que ensinan moitas cousas. ¿Queres recomendar algún? Conta o título do libro e o que che gustou del. Así ao mellor nos animamos a lelo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)