mércores, 8 de maio de 2019

Eu recomendo este libro.....

Co que nos contan os compañeiros neste video, podedes escoller novos libros na nosa biblioteca para ler e pasar un rato entretido. Felicitamos a todos os que participastes no video.
Queremos compartir unha frase que no día do libro repartiron os nosos compañeiros de 6º por todo o cole. "Un neno que le será un adulto que pensa".
Pinchade para ver o video

martes, 23 de abril de 2019

Recomenda o teu libro

Tes algún libro que che gustara moito e queres recomendalo aos teus compañeiros?
Conmemorando hoxe o día do libro, ao longo desta semana, na hora do recreo haberá alguén grabando a todos os que queirades recomendar un libro en galego para que o coñezamos o resto do colexio. Anímate a participar!
Imagen relacionada

martes, 2 de abril de 2019

Nós comprometémonos

Hoxe recordamos no noso centro o día mundial da concienciación sobre o autismo.
Elaboramos esta bonita pancarta entre todos e fixemos un video no que todos nos comprometemos a colaborar, respectar, axudar e apoiar.

venres, 29 de marzo de 2019

Funcións e importancia das árbores

Dentro do Programa educativo “Educando na Biosfera 2019”, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria celebraron o “Día da Árbore e o Día Mundial da Poesía: 21 de marzo con escolares”, resaltando a importancia e función das principais árbores autóctonas da nosa contorna, así como relacionalo con cantigas e poesías de autores galegos. Realizamos un taller de poesía e unha plantación de carballos autóctonos no Paseo marítimo de Sada.

Mirade a cantiga do grupo Fol do Vento, que bailaron os nosos compañeiros e que tamén escoitamos estes días na megafonía do centro. 


xoves, 21 de marzo de 2019

Down

No día mundial da síndrome de Down, queremos recomendarvos un libro de An Alfaya que temos en galego da editorial Edebé, que traballa a integración, o compañeirismo e a igualdade. Animádevos a lelo a partir de 8 anos. 



Día da poesía 2019

Para celebrar o día da poesía, os compañeiros de 6º de primaria elaboraron unhas fermosas poesías adicadas ás nosas árbores. Non deixedes de lelas e non deixedes de escribir.

venres, 15 de marzo de 2019

Os nosos bosques

O vindeiro 21 de marzo chega a primavera e celebramos tamén o Día Internacional dos Bosques.
Os Bolechas ensináronnos esta semana a importancia de reciclar. Debemos estar concienciados con este tema e actuar en consecuencia para protexer a nosa natureza e o noso planeta.
Tamén debemos protexer os nosos bosques con accións tan sinxelas coma non deixar un papel  ou un cristal alí tirado cando imos pasar un día en familia nunha contorna tan maravillosa. Ás veces pensamos que non podemos facer nada, pero si. Toda acción, por pequena que sexa, é un grao de area para protexelos.
Durante esta semana escoitaremos no centro un trozo dunha canción do grupo galego Migallas adicada a unha árbore moi especial para nós: O carballo.


luns, 25 de febreiro de 2019

Lembrando a Rosalía

Ao longo desta semana iremos colgando os traballos das distintas aulas recordando a poesía e á poeta galega  Rosalía de Castro.



martes, 19 de febreiro de 2019

Semana de Rosalía de Castro

O vindeiro 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro. Durante esta semana escoitaremos na megafonía disntintas cancións coa letra dos seus poemas. Centrarémonos na poesía "Paseniño, paseniño" que prepararemos en diferentes formatos en cada unha das aulas.


mércores, 13 de febreiro de 2019

Día Mundial da Radio. Radio Picariña

Hoxe, 13 de febreiro conmemórase o Día Mundial da Radio. Hai poucos anos a CRTVG creou Radio Picariña. Unha canle de música infantil galega que vos animamos a escoitar.
Pinchade na imaxe e teredes unha lista de cancións para escoitar.
Música infantil

luns, 21 de xaneiro de 2019

A Curuxa

Hoxe traemos un artigo sobre un fermosa ave do noso contorno, publicado por "A Voz de Galicia". Pinchade na imaxe para ler o artigo.