mércores, 9 de decembro de 2020

O emocionario dos bechos

Como sabedes, este curso en Illa Fantasía traballamos os insectos. Neste enlace podedes acceder a un libriño virtual que nos relaciona algúns bechos coas emocións. En cada letra do abecedario tedes un insecto que comeza ou contén esa letra e contos, cancións, enlaces relacionados con eles. 

Agardamos que vos guste. 


martes, 8 de decembro de 2020

Aula de galego

Neste enlace poderedes atopar recursos para reforzar o noso galego. Para tódalas persoas que precisedes adquirir vocabulario, coñecer algo da nosa gramática, etc. 

Esperamos que vos sexa útil. 

Pinchade na imaxe para chegar a ela.