martes, 25 de outubro de 2022

Samaín no cole!!!


Esta semana celebramos o noso tradicional Magosto e Samaín. Nesta ocasión foros os nenos e nenas de 6º de infantil os que presentaron o programa adicado a estas festas tan populares. 
Pinchade na imaxe para escoitalo.



xoves, 20 de outubro de 2022

Volve o Tarabelo nas Ondas!!!

Ola a todos e todas!! Nun curso máis, damos comezo ao noso programa de radio favorito. O alumnado de sexto presentounos o traballo que imos levar a cabo neste curso adicado á arte. Neste caso faláronnos da pintora Maruxa Mallo. Escoitade de novo o programa e iremos coñecendo unha gran cantidade de artistas que compartiron e comparten o seu arte co resto das persoas. Grazas!!!!


Pincha na imaxe para escoitar de novo o Tarabelo nas Ondas. 


mércores, 7 de setembro de 2022

COMEZAMOS!!!!

Xa estamos aquí no novo curso 22-23. 

Vimos cargados de ilusión e ganas de traballar, aprender e mellorar! 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega davos a benvida a todos e todas. Agardamos facer moitas actividades divertidas que nos axuden a valorar aínda máis a nosa lingua. 



martes, 7 de xuño de 2022

Novo programa do Tarabelo nas Ondas.

 No último programa do Tarabelo nas Ondas aproveitamos para felicitar a todo o noso cole polo traballo realizado no feirón Ama con 💗. Tivemos unha xornada moi emotiva chea de solidariedade coa que poder axudar a otras persoas coma nós. Encántanos facer cousas así. 

E tamén felicitar por esa categoría de finalistas no concurso "O Vello dos Contos". 

Todo isto danos moita forza e ilusión para seguir esforzándonos no traballo co noso colexio e os nosos nenos e nenas. 

Se o queredes volver a escoitar, pinchade na imaxe. 



sábado, 4 de xuño de 2022

O Tarabelo nas Ondas finalista no concurso "O Vello dos Contos"

 No pasado mes de maio o noso alumnado de 5º e 6º participaron cun podcast no concurso "O Vello dos Contos", adicado ás letras galegas e neste curso a Florencio Delgado Gurriarán. 

O venres 3 de xuño dúas mestras do cole foron en representación do noso centro ao IES Rosalía de Castro de Santiago. 

Aínda que non resultamos gañadores, si que volvemos cargadas de agasallos por estar entre os dez finalistas de primaria de toda Galicia e con moitas gañas de seguir facendo radio e falar na nosa lingua. 

Noraboa a todo 5º e 6º polo voso programa. Se o queredes volver a escoitar, pinchade na imaxe: 

venres, 13 de maio de 2022

Queiroa nas Letras Galegas

Hoxe festexamos unha xornada fantástica co grupo de música popular Queiroa para conmemorar o Día das Letras Galegas adicado neste curso a Florencio Delgado Gurriarán. 

Ao longo deste mes vimos coñecendo a este grande poeta e na nosa escaleira podemos gozar dunha imaxe del rodeada dos seus poemas elaborados por cada aula. 

A maiores, para facer aínda máis emocionante a festa tivemos a sorte de poder compartir a ledicia de catro alumnos/as do cole que gañaron no concurso de marcapáxinas organizado polo Concello. 

Animádevos a mercar libros nas librerías de Sada e poderedes levar un destes marcapáxinas! 

Noraboa a Vera, Breixo, Gonzalo e Nerea. Sodes grandes artistas. (PInchade na imaxe para ver as fotos e videos). 


E como non, o noso Tarabelo nas Ondas creado polos nenos, nenas e mestras de 5º e 6º curso, que enviaremos tamén a concurso. Esperemos ter moita sorte e que lles guste o noso traballo. Pinchade para escoitalo de novo.  





luns, 2 de maio de 2022

Concerto Cé Orquestra Pantasma

 Hoxe desfrutamos no cole dun novo concerto na nosa lingua para conmemorar o Día Contra o Acoso escolar. Pinchade na imaxe para ver as fotos. 



Valores contra o acoso escolar

 Hoxe, no día mundial contra o acoso escolar, os nenos e nenas de 3º celebrámolo cun xogo para facer en equipo. Pasámolo xenial!. Se queredes volver a xogar pinchade na imaxe. 



martes, 19 de abril de 2022

Tarabelo nas ondas do mes de abril.

 Aquí tedes o enlace para escoitar de novo o Tarabelo nas Ondas deste mes de abril. Creado polos nenos e nenas de 2º B. 




luns, 4 de abril de 2022

Concerto de música tradicional

Hoxe tivemos a sorte de poder escoitar no noso colexio un concerto de música tradicional promovido polo Centro Coreográfico Galego. 

Escoitamos e aprendemos sobre distintos instrumentos da nosa música. Agardamos que vos gustara e sirva para apreciar ese valor cultural tan importante co que contamos en Galicia. 










Hoxe temos un novo xogo. Esta vez as partes da planta.

 E seguimos repasando os seres vivos e o vocabulario en galego. Esta vez lles toca ás plantas.