luns, 29 de xaneiro de 2018

Achégase o día da Paz


Mañá celebraremos o día da Paz.
Os nenos e nenas debemos fomentala tódolos días coa xente que nos rodea. No seguinte enlace podedes escoitar unha canción de Paco Nogueiras que nos axuda a entender o que podemos facer nós para que a Paz sexa cousa de tódolos días e non deixalo nunha celebración. 

Escoitádea e se queredes colgar algunha outra mandade un mensaxe ao blog para compartila con todos.


xoves, 9 de novembro de 2017

Obra de teatro 6º de Primaria. O Enterro barato

Os nosos compañeiros de 6º de Primaria representaron esta obra de teatro no día de Samaín. Están feitos uns artistas. Agardamos pola seguinte. 
Pinchade na imaxe para poder vela. 




venres, 3 de novembro de 2017

Concurso por equipos

Queredes un concurso para toda a clase? Formade equipo e a ver se coñecedes todas estas palabras. Anotade as respostas nunha folla e a ver quen gaña. Non vale facer trampas.
Pinchade na imaxe para poder xogar.
Unha vez aberta a páxina pinchades nas casillas que conteñen centenas. Se pinchades unha vez sae unha pregunta (aviso, algunhas son difíciles pero sempre hai algunha pista. Son definicións da Real Academia Galega), respondedes nunha folla y volvedes a pinchar para ver a resposta. Os equipos que acertaran pinchan na V e os que non na X. Así van sumando os puntos de cada equipo.




xoves, 2 de novembro de 2017

Xa celebramos o Magosto e o Samaín

O pasado martes pasamos unha boa xornada celebrando estas festas tradicionais. Mirade as fotos pinchando na imaxe.
Este curso creamos en cada aula un amuleto especial que nos axuda a recordar e sentir emocións positivas como a alegría, a amizade, a xenerosidade, etc. Pronto elaboraremos un libro con todos os do cole. Nalgunhas aulas están rematando o traballo. Estade atentos porque vai ser moi orixinal. 

luns, 30 de outubro de 2017

Mirade que dúas nubes de palabras máis bonitas.

Grazas a Nelly e Layla por esas dúas nubes con palabras tan fermosas na nosa lingua. Algunha seguro que nunca a escoitáramos antes. Sabedes que son?
Os nosos instrumentos musicais máis tradicionais e nomes de flores en galego. Moitas grazas!!!!



venres, 27 de outubro de 2017

Se queredes enviar algo para publicar no blogue.....

Hoxe preguntáronnos como facer para enviar un archivo ao tarabelo. A nosa dirección é:

otarabelo@sadaycontornos.es

mércores, 25 de outubro de 2017

Achégase o Samaín

Deixámosvos eiquí un symbaloo onde podedes atopar distintas actividades, cancións, xogos, etc sobre o Samaín. Esperemos que disfrutedes e vos sexa útil. Pinchade na imaxe para acceder á páxina. 

 Grazas a Helga por compartilo con todos nós. 

venres, 20 de outubro de 2017

Xa temos outra nube de palabras

Os nenos e nenas de 2º crearon unha nube de nomes de bichos en galego. Mirade se coñecedes a todos!!. 


martes, 17 de outubro de 2017

As nosas palabras en galego.

Esperamos que vos gustara a palabra escollida para o blogue. Agora queremos compartir con todos aquelas outras que na nosa lingua soan tan fermosas e que moitas veces non coñecemos o seu significado.
Animádevos a facer unha nube de palabras en galego que vos gusten. Podédela facer por aula ou cada un a súa e compartila co resto do cole.
Nestes dous enlaces podedes crealas vós mesmos dunha maneira sinxela.
https://www.jasondavies.com/wordcloud/
https://worditout.com/word-cloud/create

Se coñecedes outra aplicación para facelas ou as facedes a man, adiante!!
Deixamos un exemplo de nube das nosas árbores, que tanto temos que protexer.