xoves, 20 de decembro de 2018
mércores, 19 de decembro de 2018
O Libro dos Reis Magos
A escritora galega Fina Casladerrey comparte con nós unha fermosa historia dunha nena chamada Martiña.
Se pinchades na imaxe podedes ler outras moitas historias no libro dos Reis magos.
Nadal cultural en galego
Mirade parte da axenda cultural da que podemos disfrutar nestes días de Nadal na nosa lingua. Distintos artistas moveranse por toda a xeografía galega. Pinchade para velo máis grande.
Teatro:
Obradoiro de xogos de mesa:
Música:
martes, 18 de decembro de 2018
Carta aos Reis Magos
Se queredes escribirlles unha carta na nosa lingua. Pinchade na imaxe para descargala. Poñeranse moi contentos.
domingo, 16 de decembro de 2018
Recollida de xoguetes
Unha vez que xa coñecemos grazas aos Bolechas algo máis sobre os xoguetes para todos, queremos recordarvos que no noso centro faremos unha recollida deles os días 17 e 18 deste mes. Non vos esquezades que teñen que estar case novos.
Para que todos os nenos e nenas galegos teñan xoguetes.
Para que todos os nenos e nenas galegos teñan xoguetes.
martes, 4 de decembro de 2018
Xoguetes para a igualdade
Achégase unha época na que os nenos e nenas son os protagonistas nas nosas casas, e con eles os xoguetes que tanta ilusión lles fan.
Os nosos amigos/as Os Bolechas queren darnos uns consellos para que eses xoguetes axuden a fomentar a igualdade entre todos nós.
Pinchade na imaxe para velos en grande.
Os nosos amigos/as Os Bolechas queren darnos uns consellos para que eses xoguetes axuden a fomentar a igualdade entre todos nós.
Pinchade na imaxe para velos en grande.
luns, 3 de decembro de 2018
Día mundial da discapacidade
Hoxe, 3 de decembro conmemórase o día mundial da discapacidade. Queremos que coñezades a un rapaz galego que vence tódalas súas barreiras e cun 80% de discapacidade xa conta con dous discos no mercado. Chámase Adrián Vigo. Deixámosvos un enlace cunha canción del que todos debemos escoitar: "Non queimes un paraíso".
venres, 23 de novembro de 2018
Pecha a porta á violencia. Ti es a chave.
As portas do noso colexio volvéronse violetas para conmemorar o día contra a violencia de xénero.
Pinchade na foto para ver o acto que levamos a cabo ese día. Todos debemos poner da nosa parte para acabar con isto na nosa sociedade.
venres, 16 de novembro de 2018
Semana da ciencia. Científicas galegas.
Xa que estamos na semana da ciencia e achégase tamén o día contra a violencia de xénero, queremos deixarvos no blogue un enlace no que podedes coñecer o labor de mulleres galegas que destacaron polo seu papel científico. Valoremos ás mulleres. Pinchade na imaxe para velas.
luns, 22 de outubro de 2018
Samaín de cine
Este ano queremos disfrutar do Samaín ollando uns cortos na nosa lingua. Teremos catro días de cine para compartir. As películas que veremos serán:
Corre, corre cabaciña para Educación Infantil.
A bruxa Regañadentes para 1º e 2º de Primaria.
A figueira de Pelos Tortos para 3º e 4º de Primaria.
Meigallos, sombras e papas de arroz para 5º e 6º de Primaria.
Esperemos que vos gusten e vos den moito meeeeeeedoooooo.
Pinchade no enlace para ver algunhas fotos.
https://photos.app.goo.gl/33Zpd2S89BfpvpUFA
Corre, corre cabaciña para Educación Infantil.
A bruxa Regañadentes para 1º e 2º de Primaria.
A figueira de Pelos Tortos para 3º e 4º de Primaria.
Meigallos, sombras e papas de arroz para 5º e 6º de Primaria.
Esperemos que vos gusten e vos den moito meeeeeeedoooooo.
Pinchade no enlace para ver algunhas fotos.
https://photos.app.goo.gl/33Zpd2S89BfpvpUFA
luns, 17 de setembro de 2018
Benvidos ao curso 18-19
Comezamos co segundo curso do noso blogue "O Tarabelo" . Damos a benvida aos novos alumnos e alumnas que temos no centro. Agardamos que disfrutedes e participedes moito con nós.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












