venres, 24 de maio de 2019

Unha canción para aprender a falar do tempo meteorolóxico.

No seguinte enlace podedes ver un videoclip creado polo ilustrador Miguel Robledo a partir da canción de Magín Blanco O tempo meteorolóxico. 
Unha canción que nos axudará a falar deste tema tan común para todos na nosa lingua propia. 
Mirado nos seguintes enlaces, onde podedes ver a canción e máis un pouco do libro. 


  




mércores, 22 de maio de 2019

Concerto de Mamá Cabra!!!

Para celebrar o día das Letras Galegas tivemos a sorte de desfrutar dun concerto do grupo de música infantil Mamá Cabra.
Na Casa da Cultura cantamos e bailamos. Na foto podemos ver a Nerea e María con Gloria (cantante de Mamá Cabra) firmando algún exemplar que temos na biblioteca do cole.

Dende o cole queremos animar a todas as familias a escoitar as cancións galegas, que son unha grande riqueza da nosa cultura e temos a responsabilidade de axudar a que non desaparezan. Animádevos a escoitar cantigas populares e música de tódolos grupos infantís que temos na nosa lingua.

mércores, 15 de maio de 2019

Semana das Letras Galegas

Esta semana celebramos o Día das Letras Galegas. Neste curso está adicado ao escritor Antón Fraguas
Un autor que adicó a súa vida  ao estudio da cultura e o territorio galego nos seus diferentes ámbitos. Cos seus traballos contribuiu a defender a lingua galega como medio de expresión para calqueira tipo de coñecemento. 
No colexio estamos coñecendo a súa vida e obra a través de distintos traballos que realizamos polas aulas. Entre todos fixemos o mural que decora esta semana a nosa escaleira principal. 



venres, 10 de maio de 2019

Aula de Galego

Neste enlace do blogue imos ir creando unha aula de galego con actividades para todos os rapaces e rapazas que chegan a Galicia e descoñecen a nosa lingua. Será un enlace permanente e  poñerémolo ao marxe dereito da pantalla para poder acceder con facilidade.





Novas recomendacións de libros

Hoxe temos unha nova recomendación dun libro moi, moi interesante que todos deberiamos ler e se podemos, facer como papá Bolechas. O noso compañeiro Andrés anímanos a ler este libro. Mirade o video!
Se alguén quere seguir recomendando libros en galego, buscade nos recreos a algún dos profes e subirémolo ao blogue.  



mércores, 8 de maio de 2019

Eu recomendo este libro.....

Co que nos contan os compañeiros neste video, podedes escoller novos libros na nosa biblioteca para ler e pasar un rato entretido. Felicitamos a todos os que participastes no video.
Queremos compartir unha frase que no día do libro repartiron os nosos compañeiros de 6º por todo o cole. "Un neno que le será un adulto que pensa".
Pinchade para ver o video

martes, 23 de abril de 2019

Recomenda o teu libro

Tes algún libro que che gustara moito e queres recomendalo aos teus compañeiros?
Conmemorando hoxe o día do libro, ao longo desta semana, na hora do recreo haberá alguén grabando a todos os que queirades recomendar un libro en galego para que o coñezamos o resto do colexio. Anímate a participar!
Imagen relacionada

martes, 2 de abril de 2019

Nós comprometémonos

Hoxe recordamos no noso centro o día mundial da concienciación sobre o autismo.
Elaboramos esta bonita pancarta entre todos e fixemos un video no que todos nos comprometemos a colaborar, respectar, axudar e apoiar.

venres, 29 de marzo de 2019

Funcións e importancia das árbores

Dentro do Programa educativo “Educando na Biosfera 2019”, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria celebraron o “Día da Árbore e o Día Mundial da Poesía: 21 de marzo con escolares”, resaltando a importancia e función das principais árbores autóctonas da nosa contorna, así como relacionalo con cantigas e poesías de autores galegos. Realizamos un taller de poesía e unha plantación de carballos autóctonos no Paseo marítimo de Sada.

Mirade a cantiga do grupo Fol do Vento, que bailaron os nosos compañeiros e que tamén escoitamos estes días na megafonía do centro. 


xoves, 21 de marzo de 2019

Down

No día mundial da síndrome de Down, queremos recomendarvos un libro de An Alfaya que temos en galego da editorial Edebé, que traballa a integración, o compañeirismo e a igualdade. Animádevos a lelo a partir de 8 anos. 



Día da poesía 2019

Para celebrar o día da poesía, os compañeiros de 6º de primaria elaboraron unhas fermosas poesías adicadas ás nosas árbores. Non deixedes de lelas e non deixedes de escribir.