xoves, 17 de setembro de 2020

Os nosos recreos. Xogamos xuntos pero non revoltos.

 Neste curso o recreo complicouse un pouco, pero temos que buscar alternativas para pasalo o mellor posible aínda que sexa con algún xogo en solitario.

Que pasará neses días en que chova? Temos que quedar na aula e non podemos estar movéndonos.

Aquí vos deixamos un modelo para plantexar un xogo, practicalo cos vosos compañeiros e pasar un bo rato. 

Xuntos pero non revoltos!

Este é o modelo: 



 
E aquí tedes un exemplo: 
 





 












martes, 8 de setembro de 2020

Comezamos!!!

E chegou setembro, e volvemos ás nosas aulas. 

Estarán algo distintas e non haberá tantos adornos, pero a ilusión por vernos e estar xuntos está en todos nós. 

Agardamos facelo o mellor posible para poder desfrutar deste curso e poñeremos da nosa parte por cumplir coas normas sanitarias para poder continuar vindo ao cole. 

Moito ánimo a todos e vémonos o día 10 e o día 11. 

Ao haber varias quendas de entrada e saídas, a música non a podemos poñer porque estaríamos moito tempo con ela, pero non vos preocupedes que a poñeremos en outras ocasións. 

xoves, 18 de xuño de 2020

Chega o verán.

E chegamos ao final deste curso tan extraño e diferente. 
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole deséxavos a todos unhas felices vacacións e esperamos volver en setembro con moita forza e estar todos xuntos de novo. 
Seguide sendo prudentes e respectando as normas sanitarias que nos indican. Fixémolo moi ben e non paga a pena volver atrás.  
Aos que marchades para o instituto, tan só desexarvos moita forza e moita sorte nesta nova etapa. Non vos olvidedes de vir a vernos de vez en cando. 
Desfrutade das nosas praias. Cantade a bailade, paseade polos noso camiños. Non fai falta ir lonxe para ver lugares maravillosos.  
Unha aperta para todos e Feliz Verán!!!!!

mércores, 13 de maio de 2020

RICARDO CARVALHO CALERO

Neste curso, o equipo de dinamización da lingua galega do noso cole tiñamos pensado bailar unha muiñeira todos xuntos e adicarlla a D. Ricardo Carvalho Calero, pero as circunstancias obrígannos a cambiar de plans. 
No seguinte enlace, que tamén tedes no blogue da biblioteca,  podedes atopar información e xogos sobre este escritor galego. Non deixedes de coñecelo.  Pinchade na imaxe e navegade por ela. 


E xa que a Muiñeira era o noso obxectivo, se alguén se anima a compartir un baile, canción ou peza con algún instrumento que nos recorde a nosa música galega, ADIANTE!!! Se queredes, colgarémolo no blogue para amenizar a festa das Letras Galegas.

luns, 11 de maio de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O vindeiro 17 de maio celebramos o noso DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano está adicado ao escritor Ricardo Carvalho Calero. Ao longo da semana colgaremos materiais e información para que o coñezades ben. 
Quero empezar a semana poñendo unha canción que me encanta do grupo Pirilampo. Trátase dun poema de Manuel María, que podemos atopar no disco Teatro de Guiñol, cantado por este grupo galego. Recoméndovos o disco enteiro. Cada canción ten algo especial. 
Esta nos fai recordar a importancia da nosa lingua e o que sinifica para nós. No video podedes ver que cantan dende a Casa Museo de Manuel María coa súa foto detrás deles. 
Espero que a disfrutedes porque é preciosa: 


Teatro De Guiñol de Pirilampo en Amazon Music - Amazon.es

luns, 27 de abril de 2020

Comezamos nova semana.

Comezamos nova semana cunha canción chea de voces femininas da nosa música. Chámase "Todo o día na casiña". Aínda que xa isto vai cambiando, temos que seguir sendo responsables e cumprir todos/as coas indicacións de seguridade que nos dan os expertos. Recordade que aínda que teñamos ganas de dar unha aperta a un amigo/a só podemos darlle un saúdo de lonxe.
Queremos aproveitar o comezo da semana para agradecer a todos/as os que estades participando neste blogue e felicitar, aos que fixestes pleno co acertixo dos contos. Noraboa!!!!
Pinchade na canción e comezamos a semana!


venres, 24 de abril de 2020

Gonzalo de 5º cóntanos o primeiro conto.

Grazas a Gonzalo e a súa familia por contarnos este primeiro conto de forma tan orixinal!!! Que o disfrutedes!!!




mércores, 22 de abril de 2020

Achégase o día do libro. Adiviñades de que contos se tratan?


Na imaxe de abaixo podedes adiviñar os títulos de varios contos que temos en galego. A ver quen é de facer pleno. Mandade as respostas ao correo do Tarabelo. 
E anímovos a que contedes algún deles e o colgamos para que o vexan os máis pequenos do cole. Neste curso os padriños lectores teñen que ser a distancia. 
Tedes o tempo que queirades. Estamos agardando a alguén que se anime. Tamén vale a axuda da familia. 



Recordades este bo rato que pasamos no curso pasado?

Escoitade o conto que poñemos no seguinte video que ao final vos vai traer bos recordos e así bailamos un pouco nestes días tan diferentes que estamos vivindo. 



domingo, 19 de abril de 2020

Novo conto na Biblioteca

Nesta semana na que celebramos o día do libro, empezamos a semana cun novo microconto na Bilbioteca de Sada. Miguel faranos bailar coas 15 primaveras do grupo galego Mamá Cabra. Non volo perdades!!!!




venres, 10 de abril de 2020

Fermosas palabras de Daniela e Sophía

Damos as grazas de novo ás nosas alumnas (aínda que xa están no instituto),  que nos envían esta fermosa carta.