Hoxe presentamos no Tarabelo unha páxina moi interesante onde podemos descargar e imprimir xogos na nosa lingua. Son creados por persoas coma nós que se animaron a inventar un. Ti tamén podes crear un e compartilo se te animas a participar. E se non, basta con imprimir algún dos que xa están na ludoteca propia da páxina. Pincha na imaxe para acceder a ela. Poñemos tamén o enlace no menú da dereita.
domingo, 30 de xaneiro de 2022
mércores, 26 de xaneiro de 2022
Día da paz
Nesta semana conmemoramos o día da paz. A continuación deixámosvos un pasapalabra en galego que elaboraron compañeiros do CEIP A Cristina, de Carballo.
martes, 25 de xaneiro de 2022
Novo xogo no blogue!
Hoxe traemos unha proposta para xogar nas aulas. Trátase do Wordle. É un xogo de actualidade que xa ten a versión en galego. Animádevos a descubrir unha palabra cada día.
Pinchade no seguinte enlace, lede as instruccións e a xogar en galego!
No menú da dereita poñemos un enlace permanente para que poidades acceder cada día que queirades xogar.
luns, 17 de xaneiro de 2022
A clase de 5º de infantil da a benvida ao novo trimestre
Damos a benvida a este novo trimestre escoitando as voces dos nosos compañeiros e compañeiras de 5º de infantil. Pinchade na radio para escoitalos.
Ánimo para comezar este segundo trimestre cargado de emocións.
martes, 21 de decembro de 2021
Bo Nadal!
Os mestres e mestras do noso cole deséxanvos a todos un Bo Nadal!
Agardamos que veñades cargados de enerxía!
Agora todos/as merecemos un bo descanso para desfrutar da familia e do fogar.
Os nenos e nenas de 6º de infantil felicitan a todos os que rematades o ano cumprindo un aniño máis. Parabéns a todos!!!!
Preparados para as badaladas????? Pois adiante!! Pinchade na imaxe para escoitalas.
venres, 17 de decembro de 2021
A partir do segundo trimestre eliximos nós as cancións!!!!
Sabedes que tódolos días poñemos música nas entradas ao cole, verdade? Poir como nos anunciaron os nenos e nenas de 1º, a partires do segundo trimestre seredes vós os nenos e nenas de cada aula os que elixiredes a música que escoitaremos ao longo da semana.
Recordade, unha en galego, unha en castelán e unha en inglés. Música que transmita bos valores e coa que aprendamos a ser mellores. E se nesa semana celebramos algo especial....vos toca pensar na música que poñer que conmemore esas datas.
Vai ser unha labor de todos e todas. Sorprendédenos!!!
Se queres volver a escoitar o Tarabelo nas Ondas que o anunciaba pincha na imaxe.
martes, 30 de novembro de 2021
Monstruo Rosa. Semana das persoas con discapacidade.
Esta semana conmemoramos o día mundial da discapacidade. Monstruo Rosa danos unha lección enorme no seu conto. Sigamos o seu exemplo!
Pasade pola biblioteca do cole para dicir en que sodes uns monstruos. Todos temos capacidades diferentes!
Nesta ocasión os nenos e nenas de 2º A crearon este bonito programa do Tarabelo nas Ondas. Pincha no Monstruo Rosa para escoitalo.
Parabéns a todos os nenos e nenas de 2º A. Fermoso programa!!!!
venres, 26 de novembro de 2021
25 N Obradoiro de amor.
Hoxe, día da conmemoración contra a violencia de xénero, no noso cole creamos un gran mural no que se poden ler moitas palabras para amar coas mans. Dende Illa Fantasía chéganos esta mensaxe deste animal que conta con tres corazóns e 8 brazos para amar de moitas maneiras.
Os nenos e nenas de 4º de educación infantil elaboraron o programa da semana para O Tarabelo nas Ondas. Pincha no polbo e non deixedes de escoitalo.
Noraboa aos máis pequeniños do cole!
martes, 16 de novembro de 2021
20 de novembro. Día da infancia.
O Día da infancia, é unha xornada adicada aos nenos e nenas, que ten por finalidade a visibilización e promoción dos seus dereitos así como concienciar as persoas respecto destes.
Cando xurdiu este día e cal é o seu obxectivo?
A idea de festexar o “Día do neno” xurdiu o 20 de novembro de 1959, cando a Asemblea Xeral da ONU tivo unha reunión na que decidiu reafirmar os dereitos dos nenos universalmente.
Desde aquela, cada país conta cun día para celebrar e organizar actividades para axudar a desenvolver o benestar dos cativos en todo o planeta.
No noso cole, os nenos e nenas de 2º B recórdannos algúns destes dereitos. Escoitado o programa desta semana: (Pinchar na imaxe).
martes, 2 de novembro de 2021
Recordamos a proposta de biblioteca!!!
Como podemos facer un consumo responsable? Podemos facer algo nós?
Pois claro que si!!!! Escoitade ben porque estes nenos e nenas de 4º nos din pequenas cousas que podemos facer para coidar o noso planeta. E entre todos lograr algo grande.
Facémolo ben? Se non é así, todos temos que procurar cambiar os nosos hábitos. Sabemos que non é doado, pero vai ser moito mellor para todos.
Mirade a frase que nos di Unai neste Tarabelo nas Ondas.
venres, 29 de outubro de 2021
Novo programa do Tarabelo nas Ondas
Nesta ocasión os nenos e nenas de 3º foron os encargados do programa adicado ao noso Magosto e Samaín. Se queredes escoitalo de novo, pinchade na imaxe. Tamén podedes ver as fotos do día no seguinte enlace.



