luns, 30 de outubro de 2017

Mirade que dúas nubes de palabras máis bonitas.

Grazas a Nelly e Layla por esas dúas nubes con palabras tan fermosas na nosa lingua. Algunha seguro que nunca a escoitáramos antes. Sabedes que son?
Os nosos instrumentos musicais máis tradicionais e nomes de flores en galego. Moitas grazas!!!!



venres, 27 de outubro de 2017

Se queredes enviar algo para publicar no blogue.....

Hoxe preguntáronnos como facer para enviar un archivo ao tarabelo. A nosa dirección é:

otarabelo@sadaycontornos.es

mércores, 25 de outubro de 2017

Achégase o Samaín

Deixámosvos eiquí un symbaloo onde podedes atopar distintas actividades, cancións, xogos, etc sobre o Samaín. Esperemos que disfrutedes e vos sexa útil. Pinchade na imaxe para acceder á páxina. 

 Grazas a Helga por compartilo con todos nós. 

venres, 20 de outubro de 2017

Xa temos outra nube de palabras

Os nenos e nenas de 2º crearon unha nube de nomes de bichos en galego. Mirade se coñecedes a todos!!. 


martes, 17 de outubro de 2017

As nosas palabras en galego.

Esperamos que vos gustara a palabra escollida para o blogue. Agora queremos compartir con todos aquelas outras que na nosa lingua soan tan fermosas e que moitas veces non coñecemos o seu significado.
Animádevos a facer unha nube de palabras en galego que vos gusten. Podédela facer por aula ou cada un a súa e compartila co resto do cole.
Nestes dous enlaces podedes crealas vós mesmos dunha maneira sinxela.
https://www.jasondavies.com/wordcloud/
https://worditout.com/word-cloud/create

Se coñecedes outra aplicación para facelas ou as facedes a man, adiante!!
Deixamos un exemplo de nube das nosas árbores, que tanto temos que protexer.

martes, 3 de outubro de 2017

Xa hai quen atopou a solución á adiviña!!!

Nenos e nenas daldunha clase enviaron xa fotos coa solución á nosa adiviña. Noraboa chicos!! Seguide enviando. Na entrada anterior xa hai que nos contou onde podemos atopalo. Grazas a todos por participar. 
  



luns, 2 de outubro de 2017

O nome do noso blogue.

Unha vez máis felicitamos a todos os participantes. Seguide así!!! Agora si imos contar por que eliximos o nome do Tarabelo. Buscabamos un nome que fora bonito, como moitas palabras en galego e que tivera relación coa nosa vila. Pensamos en varios: A Pulgueira, Patexos, Salazón, a Pedra das Agullas..... E quedámonos co Tarabelo porque hai unha zona en Sada que se chama así e polo que é este aparello. Como xa dixestes é unha peza de madeira para abrir as portas e fiestras. Isto é o que queremos facer a través deste blogue. Abrirlle as portas ao noso galego.

   Imagen relacionada 
E unido a isto, aí vai o seguinte reto. Se o atopas podes escribir un comentario, mandar unha foto ao correo, un video explicativo....Trátase dunha adiviña:
 "Se queres entrar en Sada, 
tes que pasar o tarabelo. 
As súas letras son de pedra, 
nunha casa has de velo".

 Buscade a solución na fachada dunha casa.