luns, 2 de outubro de 2017

O nome do noso blogue.

Unha vez máis felicitamos a todos os participantes. Seguide así!!! Agora si imos contar por que eliximos o nome do Tarabelo. Buscabamos un nome que fora bonito, como moitas palabras en galego e que tivera relación coa nosa vila. Pensamos en varios: A Pulgueira, Patexos, Salazón, a Pedra das Agullas..... E quedámonos co Tarabelo porque hai unha zona en Sada que se chama así e polo que é este aparello. Como xa dixestes é unha peza de madeira para abrir as portas e fiestras. Isto é o que queremos facer a través deste blogue. Abrirlle as portas ao noso galego.

   Imagen relacionada 
E unido a isto, aí vai o seguinte reto. Se o atopas podes escribir un comentario, mandar unha foto ao correo, un video explicativo....Trátase dunha adiviña:
 "Se queres entrar en Sada, 
tes que pasar o tarabelo. 
As súas letras son de pedra, 
nunha casa has de velo".

 Buscade a solución na fachada dunha casa.

2 comentarios:

  1. Boas noites, son Nelly de 5,Meri do Tarabelo envioume unhas fotos da casa con letras de pedra que poñen Tarabelo, ainda que non se poden ver ben porque a casa está abandoada. Por debaixo dela pasa o río, e fai anos foi un muiño. Está entrando en Sada a man esquerda, o lado do Tanatorio.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Nelly pola túa aportación. Agora xa sabemos onde atopalo. Ademáis nos contas cousas moi interesantes.

    ResponderEliminar