
O vindeiro 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro, unha das grandes poetas da literatura galega.
Na escaleira do colexio temos colocada unha maleta que simboliza a emigración galega, grazas a cal naceu o noso centro. Rosalía tamén adicou versos a toda a xente que tivo a necesidade de deixar a súa terra natal.
Animámosvos a escribir e/ou ilustrar poemas desta autora e metelos nesta maleta. Se queredes ler algún para compartilo con nós, adiante. Trataremos de publicalo no blogue.
Ningún comentario:
Publicar un comentario