xoves, 20 de xuño de 2019

Bo verán a todos!

O equipo de dinamización da lingua galega do CEIP Sada y sus Contornos deséxavos a todos e todas un feliz verán no que recarguedes as pilas para vir con moita forza no vindeiro curso.

Este ano queremos facer especial fincapé en dicir un "ata logo" aos grandes mestres e mestras que tras moitos anos de traballo deixan o noso centro. Botarémolos moito de menos. Vide de vez en cando polo cole a seguir dándonos algún bo consello deses que sabedes e que tanto nos axudan.

1 comentario:

  1. Moitas grazas polas vosas palabras. Estarei por aí sempre que me necesitedes. Unha aperta. Luisa.

    ResponderEliminar