Hoxe, no día internacional da discapacidade compartimos con vós un conto que fixeron os nosos compañeiros do CEE A Barcia, onde podemos ver a cantidade de súper héroes que hai ao noso arredor e que moitas veces non vemos.
martes, 3 de decembro de 2019
luns, 2 de decembro de 2019
A música no noso cole
Como sabedes, mañá 3 de decembro conmemórase o Día mundial da discapacidade. Ao longo desta semana soarán na megafonía dúas cancións nas que o protagonista é un neno galego. E ten a grande sorte de poder participar nun grupo de música chamado María FumaÇa. Se pinchades nos seguintes enlaces poderedes velo. Gracias Rui, polas túas cancións!!
http://www.gatipedro.es/artistas-item/maria-fumaca/

http://www.gatipedro.es/artistas-item/maria-fumaca/
sábado, 30 de novembro de 2019
A porta Violeta en Galego
No curso pasado cantamos a canción de Rozalén no día contra a violencia de xénero. Agora temos a sorte de poder desfrutala tamén na nosa lingua interpretada polo grupo Son de Cabana.
martes, 26 de novembro de 2019
25N Non á violencia de xénero.
Hoxe día 25 conmemoramos o día contra a violencia de xénero. Para iso cantamos todos xuntos a canción de Guadi Galego "Matriarcas" en lingua de signos e tomamos unha pócima especial contra este tipo de violencia. Esperamos que nos sirva para erradicar non só esta, senón todo tipo de violencia no mundo.
A comunidade educativa de Sada y sus Contornos queremos un mundo de igualdade e liberdade para todos.
PIncha na imaxe para ver as fotos:
mércores, 20 de novembro de 2019
mércores, 30 de outubro de 2019
Celebramos o Magosto e Samaín
Un ano máis pasamos esta xornada de festa co tradicional Magosto e Samaín. Neste curso adicámos a semana a coñecer historias reais e lendas tamén de figuras femininas da nosa cultura. Tamén queimamos cadeas con tódalas cousas que nos dan medo e queremos eliminar.
Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos do ben que o pasamos.
Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos do ben que o pasamos.
martes, 22 de outubro de 2019
A Castañeira
A imaxe da castañeira galega danos a benvida dende hoxe tódalas mañás ao chegar ao cole. Recordamos a figura tradicional destas mulleres que se adicaron a asar as castañas nesta época do ano.
luns, 21 de outubro de 2019
Achéganse o Magosto e o Samaín
Dende hoxe poderedes ver polo colexio tres figuras galegas de lenda. Nestes días as coñeceremos un pouco máis e poderemos escoitar algunha canción sobre as mesmas.
María Castaña, a Maruxaina e María Soliña serán as nosas figuras femininas protagonistas no Magosto e Samaín deste curso.

María Castaña, a Maruxaina e María Soliña serán as nosas figuras femininas protagonistas no Magosto e Samaín deste curso.
xoves, 17 de outubro de 2019
Visita de Amnistía Internacional
Hoxe no noso cole tivemos a sorte de recibir a visita de Marga e Cris, representantes da ONG Aministía Internacional. Con elas damos comezo a un proxecto que levaremos a cabo este curso sobre a igualdade de dereitos das persoas, sexamos como sexamos.
Faláronnos de coñecer as nosas propias emocións para poder controlalas e de diferencias que por desgracia existen hoxe en día na nosa sociedade.
Grazas Marga e Cris por todo o que nos fixestes reflexionar.
Faláronnos de coñecer as nosas propias emocións para poder controlalas e de diferencias que por desgracia existen hoxe en día na nosa sociedade.
Grazas Marga e Cris por todo o que nos fixestes reflexionar.
martes, 24 de setembro de 2019
Canción Son muller.
Esta semana escoitaremos na megafonía unha canción do grupo Máis Boas cas Patacas, gañadora da modalidade xuvenil no concurso "Quero Cantar".
Con elas damos comezo a un proxecto que levaremos a cabo no centro neste curso onde coñeceremos a moitas mulleres interesantes.
Con elas damos comezo a un proxecto que levaremos a cabo no centro neste curso onde coñeceremos a moitas mulleres interesantes.
xoves, 5 de setembro de 2019
Benvidos ao curso 19-20!
O Tarabelo e todo o profesorado do centro quere darvos a benvida ao novo curso 19-20.
Os mestres e mestras vimos cargados de ilusión e ideas para facer con vós, que esperamos que vos gusten e coas que aprendamos moito.
Coma sempre, animádevos a participar en todo o que poidades.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)