martes, 24 de marzo de 2020

Queres escribir?

Nos tempos que estamos hai un costume moi bonito que deixou de facerse por mor das novas tecnoloxías, que son máis rápidas e chegan casi ao instante á persoa que queremos. 
Nestes días en que non nos podemos ver as caras, e xa que non podemos levar a cabo as acividades que tiñamos pensadas (aprender unha muiñeira entre outras), dende o EDLG queremos animarvos a que escribades unha carta. 
Podédelo facer online, coller unha folla e decorala vós, coller un papel bonito e escribir nel. Facédeo como máis vos apeteza e escribídelle a alguén do cole. A calqueira persoa á que botedes en falta nestes días. 
Nas cartas  podemos expresar moitas cousas que sentimos, que nos están pasando, que temos ganas de contar. Expresádeos tranquilamente. En galego, claro, que temos palabras moi fermosas para expresar os nosos sentimentos. 
Podédela mandar directamente á  persoa que queredes a través dos correos electrónicos, ou podedes mandala aos vosos titores ou a nós otarabelo@sadaycontornos.es 
Se queredes que a publiquemos, non tedes máis que dicilo e o faremos a través deste blogue. 
Animádevos e así estaremos máis unidos. 
Resultado de imagen de papel de cartas virtual

venres, 13 de marzo de 2020

Quedamos na casa

Dende hoxe, venres 13 de marzo de 2020 temos que quedar na nosa casa para lograr un obxectivo xuntos. Acabar coa expansión do COVID 19. Desexamos que non se prolongue moito no tempo e que pronto podamos volver a vernos as caras no noso colexio. 
Temos que ser fortes, ter paciencia, colaborar coa nosa familia e cumprir con isto que nos toca vivir. Son experiencias que a vida nos da. Non deixaremos de aproveitala para sacar algo bo dela. 
Ánimo a todos os nenos, nenas, familiares, conserxe, coidadora, persoal de limpeza e comedor  e mestras e mestres de Sada y sus Contornos. Entre todos o conseguiremos!!!!

martes, 10 de marzo de 2020

Concurso!!!!!

Dende o EDLG e a biblioteca do cole queremos animarvos a participar no concurso "Un poema na túa voz".
Contamos con poemas moi fermosos na nosa lingua e queremos que os nenos e nenas do noso centro comecen a coñecelos e recitalos. Para iso propoñemos a participación neste concurso. Se queredes vir gravar o voso poema, falade coas vosas titoras

 

8 de marzo Día da muller

Neste curso,  adicado á igualdade no noso centro, traballamos o día da muller coa elaboración dun gran mural e uns marcapáxinas para usar cando lemos. Na biblioteca do cole contamos con moitos libros na nosa lingua galega que vos animamos a coller e ler cada día. Non vol olvidedes de darlles uso tanto ao carné da biblioteca coma a este marcapáxinas que ten unha mensaxe moi importante. 


luns, 24 de febreiro de 2020

Día de Rosalía de Castro

Estes días estivemos coloreando nas aulas á nosa poeta Rosalía de Castro para decorar esta rosa que decora a escaleira principal. Foi un pracer colorear escoitando os poemas da nosa meirande escritora  na voz de cantantes que lle puxeron música ás súas obras literarias.
As cancións sempre son un atractivo para os nenos e nenas e debemos aproveitalas.

  
 


venres, 21 de febreiro de 2020

Entroido!!!!

Hoxe celebramos o noso festival de entroido pola igualdade entre homes e mulleres. Os nenos e nenas alegráronnos a mañá coas súas funcións e sobre todo transmitíronnos que a igualdade entre nós é posible. Pincha na imaxe para ver máis fotos.

martes, 21 de xaneiro de 2020

Cancións pola paz

Nestes días escoitaremos na megafonía fragmentos das cancións que podedes ver nesta pomba da paz. 


martes, 14 de xaneiro de 2020

Dígocho eu!

Queremos comezar o novo ano compartindo un espazo da TVG onde podemos corrixir algúns erros que cometemos ao falar na nosa lingua. 
O "Dígocho eu" comezou o seu funcionamento o día 1 deste ano 2020. Pinchade na imaxe para ir ao enlace e aprender moito. 


Resultado de imagen de #dígochoeu