venres, 1 de abril de 2022

Obradoiro Rosalía de Castro

 Esta semana tivemos a sorte de desfrutar dun obradoiro literario con Andrea Barrera que nos ensinou algunhas bases para comezar a escribir as nosas propias historias. 

Ademáis de coñecer algo máis de Rosalía de Castro, aprendemos a dar renda solta á nosa imaxinación creando un superheroe que pretenderá cambiar algo do mundo ao igual que outros moitos da nosa literatura. 

Pinchade na imaxe para acceder ás fotos. 




martes, 29 de marzo de 2022

luns, 21 de marzo de 2022

Tarabelo nas Ondas do mes de Marzo.

 Hoxe os nenos e nenas de 4º sorprendéronnos cun Tarabelo nas Ondas no que nos recordaron algunhas datas importantes deste mes que imos rematando. Escoitádeo de novo pinchando na imaxe. 



xoves, 24 de febreiro de 2022

Semana de festas. Entroido e Rosalía de Castro

Nesta semana festexamos no cole dúas celebracións moi importantes da nosa cultura. 

O día de Rosalía de Castro, que este ano comezou a celebrarse o día 23 de febreiro, día do seu nacemento. E o noso entroido!

Con Rosalía levamos a cabo unha "SementadePensamentos", que era a súa flor favorita. E neles escribimos versos e palabras da nosa poeta para decorar o centro. 



Tamén os nosos compañeiros de 3º crearon un programa para O Tarabelo nas Ondas onde nos falaron de cousas moi importantes sobre ela. Noraboa nenos e nenas de 3º polo voso programa. Se o queredes escoitar de novo, pinchade na imaxe. 


E neste curso que temos tanta necesidade de pasar ratos diferentes tivemos a sorte de contar con Truque Matruque, co que cantamos poemas maravillosos da nosa escritora. Pasamos un rato moi agradable vestidos ademáis cos nosos disfraces favoritos. 




martes, 15 de febreiro de 2022

Día de Rosalía de Castro.

  O vindeiro 23 de febreiro conmemoramos o día da nosa escritora Rosalía de Castro. Nesta entrada imos colgando actividades e unidades feitas por outros colexios que nos poden servir para traballar nas aulas. Grazas a todos e todas polo voso traballo. 

        




      




Ademáis disto no noso cole celebraremos o día de Rosalía cunha Sementa de pensamentos, Un "Tarabelo nas Ondas" adicado a ela e un concerto para pasar un gran día. 

xoves, 3 de febreiro de 2022

Novos xogos en galego.

Como vedes nesta imaxe imos xogar ao aforcado. Pinchade nela e podedes acceder a unha páxina con varios enlaces para pasar un bo rato mellorando o noso vocabulario en galego. 



E nesta otra imaxe accedemos a distintas sopas de letras. As primeiras delas podémos facelas sen problema. 







Xa está colgado o Tarabelo nas Ondas do día da paz.

 Aínda que cuns días de retraso, xa podedes acceder ao Tarabelo nas Ondas sobre o día da Paz que prepararon os nenos e nenas de 2º A. Noraboa polo voso traballo!

Pinchade na nosa árbore da paz para poder escoitalo. 



domingo, 30 de xaneiro de 2022

Páxina "Somos xogo"

Hoxe presentamos no Tarabelo unha páxina moi interesante onde podemos descargar e imprimir xogos na nosa lingua. Son creados por persoas coma nós que se animaron a inventar un. Ti tamén podes crear un e compartilo se te animas a participar. E se non, basta con imprimir algún dos que xa están na ludoteca propia da páxina. Pincha na imaxe para acceder a ela. Poñemos tamén o enlace no menú da dereita. 



mércores, 26 de xaneiro de 2022

Día da paz

 Nesta semana conmemoramos o día da paz. A continuación deixámosvos un pasapalabra en galego que elaboraron compañeiros do CEIP A Cristina, de Carballo. 

   

No seguinte enlace podemos descargar unha unidade didáctica adicada ao día da paz. 



martes, 25 de xaneiro de 2022

Novo xogo no blogue!

 Hoxe traemos unha proposta para xogar nas aulas. Trátase do Wordle. É un xogo de actualidade que xa ten a versión en galego. Animádevos a descubrir unha palabra cada día.

Pinchade no seguinte enlace, lede as instruccións e a xogar en galego!

No menú da dereita poñemos un enlace permanente para que poidades acceder cada día que queirades xogar. 


  



luns, 17 de xaneiro de 2022

A clase de 5º de infantil da a benvida ao novo trimestre

 Damos a benvida a este novo trimestre escoitando as voces dos nosos compañeiros e compañeiras de 5º de infantil. Pinchade na radio para escoitalos. 

Ánimo para comezar este segundo trimestre cargado de emocións.